martes, 31 de maio de 2022

Radio Chivite - Programa 19 (maio 2022)

  Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de maio de 2022, último programa do curso, no que poderanse escoitar as seguintes seccións, moitas delas expresando a súa despedida desde curso:


Novas chivitianasPaula Gago e David Salgado (1º BAC) conducen o programa e fálanos sobre a súa participación na radio e sobre as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. 

Podes escoitar a sección aquí 


*BibliochiviteUxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro, e cóntanos como foi a súa experiencia ao fronte da sección. Inclúe os seguintes espazos:


- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Tessa, leitora de lingua inglesa do noso centro neste curso 2021/22.


- Tania Guerra (2º ESO), responsable da sección "Persoas ilustres de Verín e comarca", despídese de nós dunha maneira moi especial, e recita para nós un fermoso conto.


- "Libros vivos". Neste programa Isabel Cota (profesora de inglés) recoméndanos algunhas lecturas para as vacacións.


- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa Pablo (2º ESO) fálanos do que para el significa o festival de Eurovisión.


Podes escoitar a sección aquí


Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) despídense de nós revelando quen foron os personaxes ilustres do pasado programa.

Podes escoitar a sección aquí


As nosas dúbidasXabi Alonso (2º BAC) despídese recompilando as súas experiencias ao cargo da súa sección e cantando para nós un fermoso tema de despedida. 

Podes escoitar a sección aquí


* Cinema para isoMartina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) despídense empregando filmografía, como en elas é habitual. Neste caso traen as despedidas presentes nos filmes E. T. de Steven Spielberg, e La la land de Damian Chazelle

Podes escoitar a sección aquí


Nalgún lugar da rede e das ondasMariña García (1º ESO) e Lucía Vega (2º ESO) despídense de nós coa catedrática de Lingua Lola Pons falando de saúdos e despedidas na lingua castelá no programa de Ángels Barceló da cadena SER, e co castelanismo "adiós" analizado pola exalumna do Chivite Esther Estévez Casado nun dos seus DígochoEu

Podes escoitar a sección aquí


* O recuncho de...: Neste programa fálannos sobre o seu recuncho Isa (profesora de inglés), Abraham (profesor de filosofía), e David (profesor de música). 

Podes escoitar a sección aquí


Os sons do silencioMariña, Valeria, Emma (1º ESO), Uxía e Martina (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, e despídense de nós falando da súa experiencia este curso. 

Podes escoitar a sección aquí


* Os Planetas: música, mitoloxía e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes despídense analizando a obra de Mercurio. 

Podes escoitar a sección aquí


A entrevista: neste programa entrevistamos ao realizador audiovisual e vocalista da banda de rock galego Zënzar Xosé Bocixa, que veu ao noso centro a presentar o seu documental sobre a música galega contemporánea Barullo

Podes escoitar a sección aquí.


PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

sábado, 30 de abril de 2022

Radio Chivite - Programa 18 (abril 2022)

 Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de abril de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :


Novas chivitianasPaula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Podes escoitar a sección aquí


*BibliochiviteUxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:


- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista ao escritor Xosé Carlos Caneiro.


- "Libros vivos". Neste programa Alisha (2º ESO) recoméndanos as súas lecturas e Pablo Hernando (2º ESO) un videoxogo.


- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de Elena Prada.


- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.


Podes escoitar a sección aquí


Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.

Podes escoitar a sección aquí


As nosas dúbidasXabi Alonso (2º BAC) entrevista a Laura Pousada, antiga alumna do Chivite, que está actualmente facendo as prácticas no departamento de Francés con Cristina. Podes escoitar a sección aquí


* Cinema para isoMartina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes Network, un mundo implacablede Sidney Lumet, e O show de Truman, de Peter Weir. Podes escoitar a sección aquí


Nalgún lugar da rede e das ondasMariña García (1º ESO) recoméndanos a web anossagalaxia.gal. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda o podcast Curiosidades de la Historia National Geographic. Podes escoitar a sección aquí


* O recuncho de...: Neste programa o profesor de Educación Física Daniel Ortega fálanos sobre a súa paixón: viaxar. Podes escoitar a sección aquí


Os sons do silencioMariña, Valeria, Emma e Esther (1º ESO), e Uxía e Martina (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coa primavera. Podes escoitar a sección aquí


* Os Planetas: música, mitoloxía e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes toca Venus. Podes escoitar a sección aquí


A entrevista: neste programa entrevistamos á grande música e cantante Najla Shami. Podes escoitar a sección aquí.


PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

mércores, 30 de marzo de 2022

Radio Chivite - Programa 17 (marzo 2022)

Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de marzo de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :


Novas chivitianasPaula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Inclúe o traballo coordinado polo EDLG sobre antropoloxía da nosa zona, desta volta con Uxía, Noa e Samuel (2º ESO) falándonos do Arangaño. Podes escoitar a sección aquí


*BibliochiviteUxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:


- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Delmiro Mateo, autor do libro "O destino do Alazán".


- "Mulleres singulares de Verín e comarca": Tania Guerra e María Dosantos (3º ESO), Nerea Cid, Elena Prada e Andrea Guerra (2º ESO) fálanos de Isabel Barja Núñez, Purificación García Rivera, Marita Oterino Iolanda Prezado e Mª Paz Delgado.


- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de Marcos Gómez (2º BAC).


- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.


- "Libros vivos". Neste programa Iria (4º ESO) recoméndanos as súas lecturas.

Podes escoitar a sección aquí


Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.

Podes escoitar a sección aquí


As nosas dúbidasXabi Alonso (2º BAC) entrevista á orientadora do noso centro, Lucía Rúa, e a Nara, antiga alumna do Chivite, que está actualmente facendo as prácticas con Lucía, para preguntarlles sobre todo o relacionado coas probas ABAU . Podes escoitar a sección aquí


* Cinema para isoMartina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes Xogos de guerra, de John Badham, e O grande ditador, de Charles Chaplin. Podes escoitar a sección aquí


Nalgún lugar da rede e das ondasMariña García (1º ESO) recoméndanos a web ogalego.eu, de Anxo González e Vitoria Ogando. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda o podcast Acontece que no es poco, de Nieves Concostrina. Podes escoitar a sección aquí


* O recuncho de...: Neste programa a profesora de lengua española e literatura Silvia Cid fálanos sobre música e baile tradicional galego. Podes escoitar a sección aquí


Os sons do silencioMariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez e Martina Dosantos (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coa guerra. Podes escoitar a sección aquí


* Os Planetas: música, mitoloxía e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes toca Marte. Podes escoitar a sección aquí


A entrevista: neste programa entrevistamos a A Banda da Loba, grupo de música feminino que mestura música tradicional, rock e blues. Podes escoitar a sección aquí.


* A canción: escoitamos "Pepa" de A Banda da Loba. Podes escoitala aquí.


PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

luns, 28 de febreiro de 2022

Radio Chivite - Programa 16 (febreiro 2022)

  Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de febreiro de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :


Novas chivitianasPaula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Inclúe unha entrevista co profesor Javier Díaz e as alumnas Natalia Soqueiro e Eirín Seoane (2º BAC) sobre a organización e creación de vestiario para desfilar no Entroido, e a entrevista ao grande coñecedor das tradicións da comarca de Monterrei Bruno Rúa, para celebrar o Día Mundial da Radio 2022, que este ano levou o lema de "A radio do patrimonio". Podes escoitar a sección aquí


*BibliochiviteUxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:


- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Alberte Blanco, escritor ademais de profesor de tecnoloxía do noso centro.


- "Personas ilustres de Verín e comarca": Tania Guerra (3º ESO) fálanos de Eloi Luís André.


- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de María Dosantos e Tania Guerra (3º ESO).


- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.


- "Libros vivos". Neste programa María(1º ESO) recoméndanos as súas lecturas.

Podes escoitar a sección aquí


Os sons do silencioMariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez e Martina Dosantos (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coas enfermidades raras. Podes escoitar a sección aquí


Adiviña quen éCarla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.

Podes escoitar a sección aquí


As nosas dúbidasXabi Alonso (2º BAC) entrevista á profesora de Lingua inglesa, vicedirectora, responsable de formación do profesorado e coordinadora dos programas Erasmus + Jose Pérez Rolán. Podes escoitar a sección aquí


* Cinema para isoMartina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes clásicos de Disney A cincenta Merlín o encantador. Podes escoitar a sección aquí


Nalgún lugar da rede e das ondasMariña García (1º ESO) recoméndanos a web orellapendella.gal. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda os podcast Letras en juego, de Radio 5 (RTVE). Podes escoitar a sección aquí


* O recuncho de...: Neste programa a profesora de pedagoxía terapéutica Ruth Díaz fálanos sobre teatro, cinema e vestiario. Podes escoitar a sección aquí


* Os Planetas: música e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes toca o turno de Xúpiter e Neptuno. Podes escoitar a sección aquí


* A entrevista: neste programa entrevistamos a Mounqup, artista e activista afincada en Galicia, sobre a súa música, o proceso creativo, o activismo social e cultural e sobre se é posible levar unha vida sostible hoxe en día. Podes escoitar a sección aquí.


PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

luns, 31 de xaneiro de 2022

Radio Chivite - Programa 15 (xaneiro 2022)

 Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de xaneiro de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :


* Novas chivitianas: Paula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Podes escoitar a sección aquí


*Bibliochivite: Uxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:


- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Maite Jiménez, tradutora ao galego do libro de Umberto Eco "O nome da rosa", de recente publicación.


- "Personas ilustres de Verín e comarca": Tania Guerra (3º ESO) fálanos de Xesús Taboada Chivite.


- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de Anxo (2º ESO).


- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.


- "Libros vivos". Neste programa Uxía (1º ESO) recoméndanos as súas lecturas.

Podes escoitar a sección aquí


* Os sons do silencio: Mariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez, Nuria Barreira, Martina Dosantos, Diana Calvo e Ana Gago (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coa sostibilidade. Podes escoitar a sección aquí


* Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.

Podes escoitar a sección aquí


* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (2º BAC) entrevista ao profesor de Lingua galega Pablo Mancebo. Podes escoitar a sección aquí


* Cinema para iso: Martina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes Trainspotting e Revolutionary road. Podes escoitar a sección aquí


* Nalgún lugar da rede e das ondas: Mariña García (1º ESO) recoméndanos a web classicgrandtour.com e fala coa súa autora Maite Jiménez. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda unha canle de podcast educativos, Educación 3.0. Podes escoitar a sección aquí


* O recuncho de...: Ana J. Neste programa a profesora de Filosofía Ana Conde cóntanos como é o seu recuncho. Podes escoitar a sección aquí


* Os Planetas: música e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Podes escoitar a sección aquí


PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

luns, 20 de decembro de 2021

Radio Chivite - Programa 14 (decembro 2021)

 Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de decembro de 2021. A radio, actualmente, conta coas seguintes seccións que se poden escoitar e descargar de balde:

* Novas chivitianasPaula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Podes escoitar a sección aquí.

*BibliochiviteUxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:

         - "Entrevista":  Javier Salgado (4º ESO) entrevista á profesora de Física e Química Nuria Trigueros sobre a súa participación no programa Erasmus +, a partir do cal viaxou a Nápoles (Italia), acompañando a alumnado de 2º de Bacharelato.

        - "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de Iria García (2º BAC).

       - "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.

       - "Libros vivos". Neste programa Jorge Lorenzo (1º BAC) recoméndanos as súas lecturas. 

       - "Ningún venres sen poesía". Diana Calvo recita "Airiños, airiños, aires", de Rosalía de Castro

Podes escoitar a sección aquí.

Os sons do silencioMariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coa historia das vacinas. Podes escoitar a sección aquí

Adiviña quen éCarla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade. Podes escoitar a sección aquí.

As nosas dúbidasXabi Alonso (2º BAC) entrevista á profesora de matemáticas Paula Páramo. Podes escoitar a sección aquí.

Cinema para isoMartina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes A lingua das bolboretas e Blade runner. Podes escoitar a sección aquí

* Nalgún lugar da redeMariña García (1º ESO) recoméndanos o instagram #amochiladoslibros, e fala co seu autora, o poeta Carlos Negro. Podes escoitar a sección aquí

O recuncho de...: Javier Rodríguez. Neste programa o profesor de Bioloxía e xeoloxía cóntanos como é o recuncho no que pasa boa parte do seu tempo de lecer. Podes escoitar a sección aquí.

Entrevista: Paula Gago entrevista á banda de música ourensá The Teta's Van. Podes escoitar a sección aquí.

* A peza musical: escoitaremos As mozas somos guerreiras, de The Teta's Van. Podes escoitar a sección aquí.

Podes escoitar o programa completo aquí

martes, 23 de novembro de 2021

Radio Chivite - Programa 13 (novembro 2021)

 Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de novembro de 2021. A radio, actualmente, conta coas seguintes seccións que se poden escoitar e descargar de balde:

* Novas chivitianasPaula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Podes escoitar a sección aquí.

*BibliochiviteUxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:

        - "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Alicia Rodríguez (2º BAC).

       - "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.

       - "Ningún venres sen poesía". Diana Calvo recita "Por amor", de Darío Xohán Cabana - "Libros vivos". Neste programa Esther Lorenzo (1º BAC) recoméndanos as súas lecturas. 

        - "Infobiblio", espazo onde Eirín Seoane (2º BAC) nos presenta as distintas actividades que se realizan na nosa biblioteca.

Podes escoitar a sección aquí.

Os sons do silencioAna GagoMartina Dosantos, Uxía Pérez, Diana Calvo e Esther Trigo (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados con volcáns e erupcións volcániucas ao longo da Historia. Podes escoitar a sección aquí

Adiviña quen éCarla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade. Podes escoitar a sección aquí.

Dicímolo nós: hoxe aprendemos un pouco máis da nosa lingua con Esther Lorenzo (1º BAC). Podes escoitar a sección aquí.

As nosas dúbidasXabi Alonso (2º BAC) entrevista ao profesor de música Román López. Podes escoitar a sección aquí.

* Tras a pegada do deus Larouco: Iago Feijoo, Brais Conde e Ricardo Teixeira (2º ESO) fálanos sobre mitos e lendas vencellados á nosa contorna. Podes escoitar a sección aquí

* Cinema para iso: Martina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes A que non sabes quen vén cear esta noite e O club dos emperadores. Podes escoitar a sección aquí

* Nalgún lugar da rede: Mariña García (1º ESO) recoméndanos o blog Diente de León, e fala coa súa autora, a profesora de Lengua y Literatura Teresa Losada. Podes escoitar a sección aquí

O recuncho de...: Daniel García Cancio. Neste programa o profesor de grego cóntanos como é o recuncho no que pasa boa parte do seu tempo de lecer. Podes escoitar a sección aquí.

Entrevista: Paula Gago entrevista á banda de música rock Ruxe Ruxe, que veñen de celebrar os seus 25 anos en activo. Podes escoitar a sección aquí.

* A peza musical: escoitaremos Terra nai, de Ruxe Ruxe. Podes escoitar a sección aquí.

Podes escoitar o programa completo aquí