xoves, 19 de setembro de 2024

Matricúlate no That's English no IES Taboada Chivite

That's English! no IES XESÚS TABOADA CHIVITE (Verín) 

E ti? A que esperas?

Se necesitas sacar o B1, B2 ou C1 de inglés pero non dispós de tempo para asistir a clases con regularidade, esta é a túa opción: matrícula aberta, material didáctico deseñado para que estudes ao teu ritmo desde casa, con acceso á aula virtual (onde hai moitos vídeos e audios que che permitirán mellorar as túas destrezas), uns libros de texto fantásticos e ademais unha clase semanal presencial voluntaria dunha hora e media. A matrícula xa está aberta. O profesorado paga a metade da matrícula se pedimos un certificado que acredite que estamos a traballar (fáinolo a administrativa do instituto sen problema). Se xa estudaches inglés podes matricularte en cursos máis altos (consulta na web https://www.thatsenglish.com) a información que descoñezas, ou pregunta no noso centro á profesora, Isabel Cota)

Ademais do libro de texto e a aula virtual, tamén hai unha aplicación: "That's English! A aplicación para o móbil" Recoméndovos moitísimo que vos descarguedes a aplicación That's English. Se o facedes, no caso de que sexades alumnos/as podedes acceder a ela co voso usuario e contrasinal, e unha vez aí poderedes acceder a artigos, contidos das unidades (de todas as unidades de todos os niveis, non só do voso), a audios etc. É alucinante, e fai moi cómodo escoitar en calquera lugar e momento os capítulos, os listening etc. Merece moito a pena. Se non sodes alumnos/as, podedes acceder igualmente a moitos contidos.

Unha forma máis flexible de estudar inglés ao teu ritmo: preparando as destrezas de comprensión oral e escrita desde a túa casa (libro e materiais da web), e as destrezas de mediación, expresión oral e escrita nunha titoría semanal de asistencia voluntaria.

A matrícula dáche dereito a presentarte a dúas convocatorias da certificación (ordinaria e extraordinaria) na EOI, ademais de acceso a todo o material.

 HORARIOS 

Proba VIA 25/09/24 no IES 16:40h

Clases: Comezan en outubro 

Martes 
16-17:30h B2.1.
17:30-19h B1
 Xoves 

16-17:30h C1
17:30-19h B2.2.

Lugar de impartición : aula de idiomas do instituto.

Neste audio, a profesora do That's English do Chivite explica todo o que precisas saber. E ademais, algúns alumnos e alumnas do curso pasado comentan como foi a súa experiencia.

Non sigas esperando, anímate!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.