xoves, 22 de outubro de 2020

Radio Chivite - Programa 04

 Comezamos unha nova tempada en Radio Chivite este curso 2020/21.

Neste novo programa contaremos coas seguintes seccións:

- Novas chivitianas: presentado por Paula Gago e David Salgado de 4º ESO - A.

- Entrevistas

* Paula Gago entrevista a Rocío Salgado, actriz e bailarina, antiga alumna do IES Xesús Taboada Chivite.

* David Salgado entrevista a Abraham, de O Sonoro Maxín, inaugurando a sección "De bandas", na que iremos coñecendo bandas e grupos de música da nosa terra.

- Bibliochivite: presentado por Javier Salgado, de 3º ESO - C, na que el mesmo, xunto cos compañeiros e compañeiras Ana Gago, Diego Fernández e Andrea Guerra, de 1º ESO - B realizan a enquisa "Que pensas?" ao alumnado do Chivite sobre o estado da biblioteca e algunhas recomendacións literarias de interese. 

Escoita o programa aquí


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.