martes, 15 de decembro de 2020

Radio Chivite - Programa 06

Sexto programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense).

Neste derradeiro programa do 2020. programa poderemos escoitar as seguintes seccións:

Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Inclúe a colaboración de Nuria Barreira, de 1º ESO A e Martina Dos Santos, de 1º ESO B, con novas sobre ciencia e a intervención do Coro de profes do instituto dirixido por David Rodríguez Rivada, deseando boas festas cunha panxoliña.

As nosas entrevistas:

Despedindo o primeiro trimestre entrevistamos ao noso director César Sánchez e a dous alumnos e alumnas novxs no centro (Javier Castrillo e Martina Dos Santos de 1º ESO B, Antia González de 1º BAC A e Andrés Gómez de 1º BAC B) para facer un balance do que está a suceder no comezo deste curso 2020/21.

BibliochiviteJavier Salgado (3º C) entrevista a Dani, dona da librería AZ de Verín.

Libros VivosErín Seoane (1º BAC B) recensiona o manga Boy meets Maria, de Peyo.

Podes escoitar o programa aquí

 

-------


Música orixinal: Ico / Marcos Payno

- Sintonía programa: "Mariatxis trance", de Joan Garriga i El Mariatxi Galàctic

- Sintonía sección "Libros vivos": "A Moment", de Infraction




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.