Oitavo programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense), correspondente ao mes de febreiro de 2021.
Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:
- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A).
* Novas científicas: con Nuria Barreira, de 1º ESO A e Martina Dos Santos, de 1º ESO B
* Co selo galego: realizado por Diana Calvo e Uxía Pérez, de 1º ESO A.
- Adiviña quen é: presentado por Carla Rosas e Sara Xing Moredo, de 1º BAC C
- As nosas dúbidas: onde Xabier Alonso, de 1º BAC C, resolve dúbidas consultando ao profesorado. Neste programa fala coa profe de Galego Inma Campos.
- As nosas entrevistas:
David Salgado entrevista a Fernando Estévez Casado, científico e investigador no CITIUS, ademais de antigo alumno do Chivite.
- Bibliochivite: Zouleikha Jiménez (1º ESO B) fálanos da Actividade realizada polo alumnado de Relixión evanxélica para o Día Escolar da Paz.
* Libros Vivos: Antía González (2º ESO B) e Marina Moredo (2º ESO A) recomendar unha serie de Anime; Miguel Guerra (2º ESO B) fálanos de dous dos seus videoxogos favoritos.
Podes escoitar o programa aquí
--------
Música orixinal: Ico / Marcos Payno
- Sintonía programa: "Mariatxis trance", de Joan Garriga i El Mariatxi Galàctic
- Sintonía sección "Libros vivos": "A Moment", de Infraction
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.