mércores, 30 de outubro de 2024

Vaiche boa! novo programa da Radio Chivite

Vaiche boa! é o novo programa de Radio Chivite no que participa alumnado de 4º da ESO e uns fantásticos locutores e locutoras do Centro Ocupacional de Verín. O que ía ser unha simple proba de son rematou sendo un programazo. A nosa biblioteca encheuse de risas e radio. Comemos doces marroquís e pasámolo en grande. Ídevos preparando para pasar polos micros da nosa radio que é a vosa!


Reproducir directamente:

Reproducir con ivoox:







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.