Lanzamos o primeiro programa de Radio na Biblio deste curso. Un programa cargadiño de seccións. Falamos do torneo que se celebra no centro nos recreos, temos unha sección de curiosidades musicais, Chivite en igualdade recomenda unha lectura ben interesante, Piter explícanos unha receita especial para larpeiros e larpeiras, e Cristian le un relato seu fabuloso. E por suposto, dedicatorias de cancións e o concurso Atina co son. Agardamos que vos agrade.
Para participar no concurso "Atina co son" tedes que ir ao Instagram da conta @bibliochivite e na publicación na que aparece este programa comentades con que credes que se corresponde o son que aparece na sección. O primeiro/a alumno/a que acerte poderá decidir que música soará pola megafonía do centro durante unha semana.

Reproducir directamente:
Reproducir con ivoox:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.