Vaiche Boa, o programa de radio máis escoitado de Verín e do mundo enteiro, tivo a oportunidade non só de entrevistar a Isabel Cota, senón tamén de escoitala cantar en directo. Aí queda iso!. Isa é unha cantante excepcional, coautora dos musicais do Chivite e profesora de inglés neste centro. Con esta entrevista coñecímola máis a fondo. E podedes escoitar ao final, en primicia, a canción Aladdin do novo musical. Pero tede conta, que cando remata a canción hai sorpresa...
No programa Isa falounos do clube de lectura A árbore vermella, ideado por Marita, que foi profesora de galego no Chivite, e do que formaban parte, entre outros, Isa, David, Elisa,Víctor, ou alumnas como Marta Nicolino, a súa curmá Lucía Nicolino, unha das PT do noso centro, Marta Rodríguez, e tantos outros rapaces e rapazas.
Este é o blog de Isa no que dá conta do comezo do clube:
Reproducir directamente:
Reproducir con ivoox:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.