sábado, 15 de febreiro de 2020

RadioChivite - Programa 02

Recollemos nas Novas Chivitianas deste segundo programa toda a información relacionada coa visita de Carlos Amado e Esther Estévez, responsábeis do microespazo #DígochoEu, incluída a entrevista que nos concederon moi amabelmente nada máis pór o pé no instituto. Moitas grazas! E grazas tamén á profesora Nati Nóvoa, quen se encargou de xestionar esta actividade. Obrigados!

As Novas Chivitianas desenvolven ademais outros contidos relacionados co Fotoentroido 2020 e pequenas biografías dalgunhas Mulleres Singulares de Verín.

Felicitamos tamén neste espazo informativo a alumna Uxía Rúa, de 3º ESO-C, polo seu premio na IV edición do Concurso Escolar de debuxo e redacción sobre a Muller e a nena na Ciencia, na modalidade de redacción, concurso organizado polo Campus de Ourense. 

E tamén lle agradecemos a Uxía que prestase a súa voz para agasllarnos coa lectura da súa redacción gañadora. Obrigados!

A profesionalidade (e paciencia) de Miguel Quintas e Manuel Añel permiten que, a pesar de non gozar a gravadora dunha boa calidade de son, poidamos coñecer cales son as opinións do noso alumnado respecto ao Entroido de Verín.

E, finalmente, coñecemos cales son as sensacións que teñen dous alumnos de 1º BACH-A, Lucía Rodríguez e Diego González, ao cambiaren de etapa e centro educativos. 

Queremos contar con vós para os vindeiros programas. O noso espazo de encontro ha ser o centro ou este correo electrónico: radiochivite@gmail.com 

CONTIDO

  • 00:00 Presentación
  • 01:30 Nova #DígochoEu
  • 07:45 Entrevista a Carlos e Esther
  • 28;20 Nova Fotoentroido
  • 29:00 Nova Biografías das Mulleres Singulares de Verín
  • 38:35 Nova Uxía Rúa, gañadora premio literario
  • 39:12 Lectura do relato "A miña bisavoa", por Uxía Rúa
  • 42:10 Chivienquisas: O Entroido en Verín
  • 46:22 O cambio de centro educativo e da ESO a BACH. Entrevista
  • 57:13 Despedida

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.