sábado, 14 de marzo de 2020

radioChivite - Programa 03

Nesta entrega poderemos escoitar no apartado Novas Chivitianas información sobre a exposición de Rosalía de Castro, a voz da alumna Érika Barbosa acompañada ao piano por David Rodríguez, executando de xeito excelente a engaiolante "Negra sombra".

Gozaremos tamén da entrevista que María Justo lle realizou a Sabela Souto, a creadora da curtametraxe Santa Baia de Montes.

Miguel Quintas realízalle unha entrevista "en diferido" ao coordinador do grupo de teatro do IES Ribeira do Louro, Delio García. As respostas non vos han deixar indiferentes.

Isabel Cota asume o rol de reporteira e entrevista a Javier Díaz e a un grupo de alumnas que estaban a confeccionar os seus traxes de meninas para o desfile infantil de Entroido.

No apartado de Novidades Bibliochivite, Maite preséntanos algunhas obras do voso interese.

E como sobremesa deste programa nº 3, a excepcional achega de David Rodríguez quen nos explica dunha maneira clara e ilustrativa as relacións que poden existir entre obras tan distantes en canto ao xénero e ao estilo musical como poden ser Greensleeves, "Torero" de Chayane ou "Hijo de la Luna" de Mecano.

Un programa para non perderdes!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.