luns, 15 de marzo de 2021

Contos e poemas para o asilo

Un ano máis, desde Bibliochivite queremos colaborar co asilo de anciáns de Verín, enviándolles algúns contos e poemas. Este ano facémolo a través da radio. Para iso o noso alumnado le algúns contos das "Cousas" de Castelao, xunto a algúns poemas de Xosé Neira Vilas e Antonio García Teijeiro.

Len:

- Natalia Cota, María Guerra, Sara Xing Moredo e Marina Gómez (1º BAC), Javier Salgado (3º ESO) e Tania Guerra (2º ESO)

Podedes escoitalo aquí


Ningún comentario:

Publicar un comentario