xoves, 18 de marzo de 2021

Radio Chivite - Programa 09

 Noveno programa de Radio Chivite, a radio do IES Xesús Taboada Chivite, en Verín (Ourense), correspondente ao mes de marzo de 2021.


Neste programa poderemos escoitar as seguintes seccións:


- Novas chivitianas: información sobre as actividades do noso centro, presentadas por Paula Gago e David Salgado (4º ESO - A). Desta volta fan fincapé nas actividades que o centro realizou co gallo dos "21 días co galego e +".


* Novas científicas: con Nuria Barreira, de 1º ESO A


* Co selo galego: realizado por Uxía Pérez, de 1º ESO A.


- Adiviña quen é: presentado por Carla Rosas e Sara Xing Moredo, de 1º BAC C


- As nosas dúbidasXabier Alonso, de 1º BAC C, resolve dúbidas consultando ao profesorado. Neste programa fala coa profe de Inglés Rosa Salgado.


- Roda de palabras en galego, da profesora Rosa Alonso, de Lingua Galega.


- Teatro nas ondas: Oumaima Fathallah e Miguel Quintas (2º BAC), membros do grupo de teatro do centro, "A tecedora de soños", interpretan un anaco da obra de Buero Vallejo La tejedora de sueños , cunha introdución especial feita polo profesor de música David Rodríguez.


- As nosas entrevistas:


David Salgado entrevista a Clara Cid Bengoa, enxeñeira de camiños, antiga alumna do Chivite.

Paula Gago entrevista a Anxo González Guerra, catedrático xa xubilado de Lingua e Literatura Galega, grande coñecedor e divulgador da nosa lingua.


- Bibliochivite: Celebramos o 8M coa aparición de varias das escritoras máis importantes da nosa historia, que reviviron grazas a Sara Xing Moredo, María Guerra, Natalia Cota, Marina Gómez (1º BAC) e Tania Guerra (2º ESO)

Podedes escoitalo aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.