Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de xaneiro de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :
* Novas chivitianas: Paula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Podes escoitar a sección aquí
*Bibliochivite: Uxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:
- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Maite Jiménez, tradutora ao galego do libro de Umberto Eco "O nome da rosa", de recente publicación.
- "Personas ilustres de Verín e comarca": Tania Guerra (3º ESO) fálanos de Xesús Taboada Chivite.
- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de Anxo (2º ESO).
- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.
- "Libros vivos". Neste programa Uxía (1º ESO) recoméndanos as súas lecturas.
Podes escoitar a sección aquí
* Os sons do silencio: Mariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez, Nuria Barreira, Martina Dosantos, Diana Calvo e Ana Gago (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coa sostibilidade. Podes escoitar a sección aquí
* Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.
Podes escoitar a sección aquí
* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (2º BAC) entrevista ao profesor de Lingua galega Pablo Mancebo. Podes escoitar a sección aquí
* Cinema para iso: Martina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes Trainspotting e Revolutionary road. Podes escoitar a sección aquí
* Nalgún lugar da rede e das ondas: Mariña García (1º ESO) recoméndanos a web classicgrandtour.com e fala coa súa autora Maite Jiménez. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda unha canle de podcast educativos, Educación 3.0. Podes escoitar a sección aquí
* O recuncho de...: Ana J. Neste programa a profesora de Filosofía Ana Conde cóntanos como é o seu recuncho. Podes escoitar a sección aquí
* Os Planetas: música e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Podes escoitar a sección aquí
PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.