luns, 28 de febreiro de 2022

Radio Chivite - Programa 16 (febreiro 2022)

  Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de febreiro de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :


Novas chivitianasPaula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Inclúe unha entrevista co profesor Javier Díaz e as alumnas Natalia Soqueiro e Eirín Seoane (2º BAC) sobre a organización e creación de vestiario para desfilar no Entroido, e a entrevista ao grande coñecedor das tradicións da comarca de Monterrei Bruno Rúa, para celebrar o Día Mundial da Radio 2022, que este ano levou o lema de "A radio do patrimonio". Podes escoitar a sección aquí


*BibliochiviteUxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:


- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Alberte Blanco, escritor ademais de profesor de tecnoloxía do noso centro.


- "Personas ilustres de Verín e comarca": Tania Guerra (3º ESO) fálanos de Eloi Luís André.


- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de María Dosantos e Tania Guerra (3º ESO).


- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.


- "Libros vivos". Neste programa María(1º ESO) recoméndanos as súas lecturas.

Podes escoitar a sección aquí


Os sons do silencioMariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez e Martina Dosantos (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coas enfermidades raras. Podes escoitar a sección aquí


Adiviña quen éCarla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.

Podes escoitar a sección aquí


As nosas dúbidasXabi Alonso (2º BAC) entrevista á profesora de Lingua inglesa, vicedirectora, responsable de formación do profesorado e coordinadora dos programas Erasmus + Jose Pérez Rolán. Podes escoitar a sección aquí


* Cinema para isoMartina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes clásicos de Disney A cincenta Merlín o encantador. Podes escoitar a sección aquí


Nalgún lugar da rede e das ondasMariña García (1º ESO) recoméndanos a web orellapendella.gal. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda os podcast Letras en juego, de Radio 5 (RTVE). Podes escoitar a sección aquí


* O recuncho de...: Neste programa a profesora de pedagoxía terapéutica Ruth Díaz fálanos sobre teatro, cinema e vestiario. Podes escoitar a sección aquí


* Os Planetas: música e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes toca o turno de Xúpiter e Neptuno. Podes escoitar a sección aquí


* A entrevista: neste programa entrevistamos a Mounqup, artista e activista afincada en Galicia, sobre a súa música, o proceso creativo, o activismo social e cultural e sobre se é posible levar unha vida sostible hoxe en día. Podes escoitar a sección aquí.


PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.