Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de marzo de 2022, no que se poden escoitar as seguintes seccións :
* Novas chivitianas: Paula Gago e David Salgado (1º BAC) preséntanos as novas e actividades que se están a realizar no noso centro. Inclúe o traballo coordinado polo EDLG sobre antropoloxía da nosa zona, desta volta con Uxía, Noa e Samuel (2º ESO) falándonos do Arangaño. Podes escoitar a sección aquí
*Bibliochivite: Uxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro. Inclúe os seguintes espazos:
- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Delmiro Mateo, autor do libro "O destino do Alazán".
- "Mulleres singulares de Verín e comarca": Tania Guerra e María Dosantos (3º ESO), Nerea Cid, Elena Prada e Andrea Guerra (2º ESO) fálanos de Isabel Barja Núñez, Purificación García Rivera, Marita Oterino , Iolanda Prezado e Mª Paz Delgado.
- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa coñecemos os de Marcos Gómez (2º BAC).
- "Novas de Verín", onde Diana Calvo (2º ESO) presentaranos algunhas das novas que teñen lugar na nosa contorna.
- "Libros vivos". Neste programa Iria (4º ESO) recoméndanos as súas lecturas.
Podes escoitar a sección aquí
* Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) preséntannos as súas pistas para que coñezamos e adiviñemos persoaxes relevantes da nosa sociedade.
Podes escoitar a sección aquí
* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (2º BAC) entrevista á orientadora do noso centro, Lucía Rúa, e a Nara, antiga alumna do Chivite, que está actualmente facendo as prácticas con Lucía, para preguntarlles sobre todo o relacionado coas probas ABAU . Podes escoitar a sección aquí
* Cinema para iso: Martina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) convídanos a reflexionar co gallo dos filmes Xogos de guerra, de John Badham, e O grande ditador, de Charles Chaplin. Podes escoitar a sección aquí
* Nalgún lugar da rede e das ondas: Mariña García (1º ESO) recoméndanos a web ogalego.eu, de Anxo González e Vitoria Ogando. Pola súa parte, Lucía Vega (2º ESO) recomenda o podcast Acontece que no es poco, de Nieves Concostrina. Podes escoitar a sección aquí
* O recuncho de...: Neste programa a profesora de lengua española e literatura Silvia Cid fálanos sobre música e baile tradicional galego. Podes escoitar a sección aquí
* Os sons do silencio: Mariña García, Valeria González, Emma Rodríguez (1º ESO), e Uxía Pérez e Martina Dosantos (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, onde este mes estiveron a publicar artigos relacionados coa guerra. Podes escoitar a sección aquí
* Os Planetas: música, mitoloxía e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes toca Marte. Podes escoitar a sección aquí
* A entrevista: neste programa entrevistamos a A Banda da Loba, grupo de música feminino que mestura música tradicional, rock e blues. Podes escoitar a sección aquí.
* A canción: escoitamos "Pepa" de A Banda da Loba. Podes escoitala aquí.
PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.