Novo programa de Radio Chivite, a radio do centro IES Xesús Taboada Chivite de Verín, correspondente ao mes de maio de 2022, último programa do curso, no que poderanse escoitar as seguintes seccións, moitas delas expresando a súa despedida desde curso:
* Novas chivitianas: Paula Gago e David Salgado (1º BAC) conducen o programa e fálanos sobre a súa participación na radio e sobre as novas e actividades que se están a realizar no noso centro.
Podes escoitar a sección aquí
*Bibliochivite: Uxía Pérez (2º ESO) conduce a locución de toda a actividade producida na Biblioteca do noso centro, e cóntanos como foi a súa experiencia ao fronte da sección. Inclúe os seguintes espazos:
- "Entrevista": Javier Salgado (4º ESO) entrevista a Tessa, leitora de lingua inglesa do noso centro neste curso 2021/22.
- Tania Guerra (2º ESO), responsable da sección "Persoas ilustres de Verín e comarca", despídese de nós dunha maneira moi especial, e recita para nós un fermoso conto.
- "Libros vivos". Neste programa Isabel Cota (profesora de inglés) recoméndanos algunhas lecturas para as vacacións.
- "Bibliotalent", onde o noso alumnado comparte os seus talentos e paixóns. Neste programa Pablo (2º ESO) fálanos do que para el significa o festival de Eurovisión.
Podes escoitar a sección aquí
* Adiviña quen é: Carla Rosas e Sara Xing Moredo (2º BAC) e Miguel González (1º ESO) despídense de nós revelando quen foron os personaxes ilustres do pasado programa.
Podes escoitar a sección aquí
* As nosas dúbidas: Xabi Alonso (2º BAC) despídese recompilando as súas experiencias ao cargo da súa sección e cantando para nós un fermoso tema de despedida.
Podes escoitar a sección aquí
* Cinema para iso: Martina Dosantos e Ana Gago (2º ESO) despídense empregando filmografía, como en elas é habitual. Neste caso traen as despedidas presentes nos filmes E. T. de Steven Spielberg, e La la land de Damian Chazelle
Podes escoitar a sección aquí
* Nalgún lugar da rede e das ondas: Mariña García (1º ESO) e Lucía Vega (2º ESO) despídense de nós coa catedrática de Lingua Lola Pons falando de saúdos e despedidas na lingua castelá no programa de Ángels Barceló da cadena SER, e co castelanismo "adiós" analizado pola exalumna do Chivite Esther Estévez Casado nun dos seus DígochoEu.
Podes escoitar a sección aquí
* O recuncho de...: Neste programa fálannos sobre o seu recuncho Isa (profesora de inglés), Abraham (profesor de filosofía), e David (profesor de música).
Podes escoitar a sección aquí
* Os sons do silencio: Mariña, Valeria, Emma (1º ESO), Uxía e Martina (2º ESO) fálannos do seu blog ossonsdosilencio.wordpress.com, e despídense de nós falando da súa experiencia este curso.
Podes escoitar a sección aquí
* Os Planetas: música, mitoloxía e astroloxía: nesta sección o profesor de música David Rodríguez Rivada, e o de Filosofía Abraham Rubín, fálannos dos planetas con cadanseu enfoque musical e mitolóxico-astrolóxico, a partir da obra do compositor Gustav Holst. Este mes despídense analizando a obra de Mercurio.
Podes escoitar a sección aquí
* A entrevista: neste programa entrevistamos ao realizador audiovisual e vocalista da banda de rock galego Zënzar Xosé Bocixa, que veu ao noso centro a presentar o seu documental sobre a música galega contemporánea Barullo.
Podes escoitar a sección aquí.
PODES ESCOITAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.