martes, 27 de xuño de 2023

Radio Chivite - Podcast sobre Medio Ambiente e Sostibilidade dos grupos 3º da ESO B e 3º da ESO C-PDC

Na materia de Educación en Valores de 3º da ESO, cos grupos B e C-PDC, fixemos dous podcast sobre Medio Ambiente e Sostibilidade. A investigación levouna a cabo o alumnado en grupos pequenos. Tratáronse temas como as migracións climáticas, a enerxía nuclear, os eólicos ou a contaminación dos ríos. Nestes podcast fixéronse catro entrevistas. Dúas delas foron a alumnado que padeceu de cerca os incendios en Verín nos últimos anos. Nas outras dúas formuláronselles preguntas sobre o cambio climático a dous profesores de bioloxía do centro.

Temos que agradecer a colaboración de Bilal, Juan Manuel e Brian de 2º da ESO, uns magníficos locutores cos que contaremos máis veces de seguro. 

Agardamos que vos guste. Foi un bo traballo dun equipo de redactores/as e locutores/as estupendo, e o tema é de especial relevancia nestes tempos. No centro, seguiremos traballando e profundando na sensibilización sobre os problemas medioambientais e o cambio climático. 

Aquí tedes os dous podcast: