O alumnado da materia Imaxe e Son de 2º de bacharelato do noso centro, participou nunha actividade de innovación educativa impartida por César Sánchez Pampín, profesor e director do noso centro. Esta actividade baseouse na aula invertida, de maneira que o alumnado recibiu coñecementos teóricos sobre formatos de audio, edición e gravación de podcast. Despois da visualización, aplicaron estes contidos e elaboraron dous podcast que podedes escoitar aquí.
O 1º podcast desmonta mitos sobre a violencia de xénero:
O 2º podcast explica en que consiste a King's League:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.