O programa TEI é un programa de convivencia dentro do noso centro, que pretende fomentar a inclusión e favorecer unha convivencia non violenta. Está baseado na tutorización entre iguais. Os alumnos e alumnas 3º da ESO son titores e titoras do alumnado recén chegado ao centro, de 1º da ESO. Para intercambiar experiencias de titoría entre iguais con outros centros, participamos no proxecto Agrupa-Tei. Este é un proxecto enmarcado na Agrupación de centros, no que cinco centros a nivel estatal -entre eles o noso- están agrupados nun proxecto que se chama: “Proyecto emocional de convivencia y bienestar escolar”. Este é o primeiro curso no que se leva a cabo este proxecto e traballouse a Mediación Escolar intercambiando experiencias co IES Gustavo Adolfo Bécquer de Algete (Madrid). Houbo dúas mobilidades: na 1ª alumnado e profesorado de Algete veu a Verín a pasar uns días, e na 2ª fomos nós a Algete. Froito desa primeira mobilidade, César Sánchez, o director do Taboada Chivite, entrevistou a alumnos e alumnas do noso centro e do IES de Algete. Podedes escoitar a entrevista aquí:
E tedes máis información na Revista Faíscas: