martes, 4 de xullo de 2023

Entrevistas a alumnado e profesorado participante no musical La La Land

A continuación tedes unha serie de entrevistas que lle fixemos a distintas persoas que participaron no musical La La Land.
















Na primeira entrevista conversamos con David e Isa, os directores do musical.

Esta é a entrevista a Iria, que interpreta a Mia Dolan no musical.


Na seguinte entrevista falamos con Javier e Aaron, que interpretan a Sebastian Wilder no musical. Esta é a entrevista a Tania, Zaira e Noa, maquilladoras do musical, a Daniel, debuxante, e Valeria, cantante e trompetista solista.

A seguinte entrevista foi máxica, con Esther, Lucía e Mauro, actrices e actor no musical. 

 
Nesta entrevista conversamos con Uxía e Rubén, de 3ºB, actores que interpretan a Mia e Keith respectivamente. Impresionante o traballo que fixeron e a capacidade que teñen de analizalo. Moito que aprender deles!. 

E a derradeira entrevista conduciuna Juan Manuel, de 2º da ESO, que conversou con Andrea, MaríaNerea e Pedro, actrices e actor no musical, que mostraron unha gran madurez e compañeirismo. 


Tedes información adicional na revista Faíscas:

Moitas grazas a tódalas persoas que pasastes pola radio. Foi un pracer e un privilexio poder conversar con vós. Serviunos para entender a magnitude do traballo que conlevou facer este musical. Pero sobre todo, amosounos que son necesarias experiencias coma esta que permiten que os rapaces e rapazas sexan mestres e mestras para nós. Sodes un exemplo a seguir. 
Parabéns a todas as persoas que fixestes posible La la land. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.