Podedes escoitar os temas na súa canle de youtube:
https://www.youtube.com/@arcadanoe1823
E tedes a info das actividades no seu facebook e na súa web:
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/
E aquí tedes o podcast:
Podedes escoitar os temas na súa canle de youtube:
https://www.youtube.com/@arcadanoe1823
E tedes a info das actividades no seu facebook e na súa web:
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/
E aquí tedes o podcast:
Neste programa, Martina e Ana cóntannos a súa experiencia en Bruxelas, onde presentaron na Comisión europea o seu proxecto “Non só nas cidades hai vida”, de defensa do rura. E Alisha fálanos do libro Mala Luna, de Rosa Huertas, para animarvos a que o leades. Agardamos que vos guste!
Na materia Historia da música e da danza, Javier Salgado analizou o concerto de Brandeburgo nº 3, 1º movemento, de Johann Sebastian Bach. Agardamos que vos guste.
Javier Salgado, alumno de 2º de bacharelato A, analiza a obra de Martín Códax "Ondas do mar de Vigo" para a materia "Historia da música e da danza".
Alicia Sánchez, profesora de inglés no Taboada Chivite, entrevistou o pasado mércores 8 de novembro a Tibor Prievara. Profesor húngaro que nos visitou durante catro días e impartiu dous cursos para o profesorado do noso centro. Unha entrevista en inglés, moi interesante e proveitosa.
A continuación tedes unha serie de entrevistas que lle fixemos a distintas persoas que participaron no musical La La Land.
Esta é a entrevista a Iria, que interpreta a Mia Dolan no musical.
A seguinte entrevista foi máxica, con Esther, Lucía e Mauro, actrices e actor no musical.
E a derradeira entrevista conduciuna Juan Manuel, de 2º da ESO, que conversou con Andrea, María, Nerea e Pedro, actrices e actor no musical, que mostraron unha gran madurez e compañeirismo.
O alumnado da materia Imaxe e Son de 2º de bacharelato do noso centro, participou nunha actividade de innovación educativa impartida por César Sánchez Pampín, profesor e director do noso centro. Esta actividade baseouse na aula invertida, de maneira que o alumnado recibiu coñecementos teóricos sobre formatos de audio, edición e gravación de podcast. Despois da visualización, aplicaron estes contidos e elaboraron dous podcast que podedes escoitar aquí.
O 1º podcast desmonta mitos sobre a violencia de xénero:
O 2º podcast explica en que consiste a King's League: